Asociación cultural de referencia no Morrazo, activa desde o 1996, orientada ás escolas tradicionais de calidade e a grupos con espectáculos fieis á tradición.
O xerme da Asociación Cultural de Bueu Retrouso de Cela nace no ano 1996 como un bando de mozos e mozas interesados na música e danza tradicionais, que se xuntan coa intención de dinamizar a súa parroquia dentro do ámbito da música e baile tradicionais. Comezan tan só con grupo de bailadores/as, para ir medrando ata converterse nunha agrupación de referencia en todo o Morrazo, tanto polo currículo do propio grupo como pola capacidade dinamizadora da asociación cultural de Bueu en xeral.
Na actualidade contan con mestres/as altamente cualificados que levan adiante escolas permanentes, con distintos niveis. Destas escolas saen os compoñentes dos distintos grupos “oficiais”: grupo de baile Retrouso; grupo de gaitas Retrouso e o grupo de pandereteiras Retrouso.
Cronoloxía da asociación cultural de Bueu Retrouso

Leonor Rosales, primeira profesora de baile de Retrouso
1996
Xurde en novembro o grupo de baile, como actividade extra-escolar en Cela, tendo como mestra á moañesa Leonor Rosales, antiga profesora tamén de grupos como Danzadeira (Cela) ou Meiramar (Moaña).
1997
Primeiras actuacións no Torrón e San Lourenzo (Cela).
1998
1999
2000
Celébrase o I Festival de Pascua e o I Festival Retrouso, cos grupos Breogán de Moaña, Rancho de Moreira de Cônegos e o grupo folk Servando e Contradança. O grupo de baile Retrouso de Cela actúa acompañado polo cuarteto Tebras do Hío. Quince compoñentes asisten ao XVIII Curso de Cultura Tradicional de Lugo.
2001
2002
En xaneiro a asociación cultural de Bueu Retrouso lanza a súa escola de gaita, con Óscar Piñeiro, gaiteiro de Chacarrandaina, como profesor. Neste ano actuouse acompañado dun cuarteto de Trompos Os Pés de Marín. No III Festival Retrouso actuaron Froles Mareliñas de Redondela, Trompos Os Pés e Os Carunchos. Organizamos, en colaboración co Concello, un Festival Seiteiro, no centro de Bueu. Por motivos laborais de Begoña, no cambio de curso, Rubén Bastón recolle como docente as clases de canto e pandeireta. Tras doce anos sen organizarse e máis de medio século sen continuidade, recupéranse de novo as Navidades de Cela, tradición moi arraigada que se perde na memoria dos nosos maiores. Fíxose co gaiteiro José Entenza e co profesor Gumersindo Cabodevila “Vilas”.
2003
Cristian Vilas, gaiteiro de Trompos Os Pés, convértese no profesor de gaita e percusión. Primeira actuación das escolas “infantís”, na escola de Cela. Por primeira vez, os gaiteiros son da propia Asociación. Organizamos excursión á Coruña e ao Aquapark de Cerceda. Celebramos concertos didácticos en Cela. En setembro créase o Coro de Cela, orientado inicialmente a xente maior, dirixido por Carme Pereira, fundadora do Coro Quodlibet de Bueu. Repítese o Cantar das Navidades de Cela. En maio, inaugurase a primeira versión da súa web, en retrouso.es.mn, como Caderno Cultural do Morrazo.

Guillerme Ignacio dando un concerto didáctico en Cela
2004
Recupérase o Cantar dos Reis de Cela, esquecido durante cincuenta anos. Creación da comparsa de Entroido “Os da Cangalla”. Adaptámonos á Lei de Asociacións de 2002. A web pasa a retrouso.com. Polo Día das Letras Galegas, organizamos o Certame literario Danzadeira. Concerto Didáctico levado a cabo por Guillerme Ignacio, membro de Quempallou. Fáiselle unha homenaxe conxunta con Manxadoira ao Ghaiteiro de Cela, José Entenza, en Bueu. Nova excursión a Cerceda. Repítese o Cantar das Navidades.

O grupo de gaitas Retrouso tocando en Santiago de Compostela
2005
Actuación en Amio (Compostela) diante de Rodríguez Zapatero, na altura Presidente do Goberno, ademais de distintos puntos do Morrazo e en Pontevedra e Vigo. Vólvese celebrar o IV Festival Retrouso, con Solaina, Airiños da Lagoa e os grupos folk A Jarla da Xingra e Xochilmica. Reedítase a excursión ao Aquapark. Organizamos concertos didácticos nas escolas de Cela (con Carlos do Viso), Ardán e Beluso. I Concerto de Nadal (festival de corais) na igrexa de Cela. Mantense o Cantar das Navidades.
2006
O V Festival Retrouso lévase á área recreativa de Chans, transformándose nunha completa xornada de convivencia, e denominándose I Chanscontro. No apartado musical, actuaron Sachadiço e Ardentía. A excursión fíxose a Allariz. II Concerto de Nadal. Cantar das Navidades.
2007
II Chanscontro, dentro do cal se celebrou o VI Festival Retrouso, coa actuación do grupo folk Saramaganta. Excursión á zona de Silleda. Co comezo do novo curso preséntase un novo plantel de mestres nos distintos instrumentos: Guillerme Ignacio no canto tradicional e pandeireta (substituíndo a Rubén Bastón), Cristóbal Prieto en gaita e Alberto Costas na percusión tradicional (substituíndo en ambas facetas a Cristian Vilas, que tivo que emigrar por motivos laborais). Ademais, créase a aula de acordeón da man de Teresa Pedrouso, que completará a formación dos músicos con aulas de solfexo. En decembro deste mesmo ano, celebrouse un curso de construción de palletas. III Concerto de Nadal. Cantar das Navidades.
2008
O VII Festival Retrouso retorna ás súas orixes e volve celebrarse no Eirado de Cela, con actividades todo o día, como obradoiro de instrumentos de cana e concurso de cartas e tortillas; e conta coa actuación musical do grupo folk O Tamboril Furado de Soutomaior. IV Concerto de Nadal. Cantar das Navidades.

Teresa Pedrouso, profesora de acordeón, sempre na nosa memoria
2009
Faise roupa de época (1º terzo do século XX) para os pequenos. Actuacións en San Vicente de Esplús (Huesca), Vila Praia de Âncora e Oliveira de Azeméis (Portugal). I Festival de Acordeón de Bueu. VIII Festival Retrouso, con grupos de baile de Portugal, Huesca e Segovia. Organizamos o I Festival no Eirado, en agosto, como festival de escolas. Excursión ao Aquapark de Cerceda. Concertos didácticos. Tania García Ruibal pasará a levar as aulas de iniciación ao canto tradicional e pandeireta, substituíndo a Rubén Bastón. Coincidindo con San Martiño, organizamos a I Foliada dos Cativos, en Bueu. A finais deste ano o grupo sofre a tráxica perda da súa mestra de acordeón e solfexo, Teresa Pedrouso. A aula de acordeón do grupo segue a funcionar, pasando a denominarse Aula Teresa Pedrouso, baixo a batuta de Manuel Olegario. V Concerto de Nadal. Cantar das Navidades.

O grupo folklórico Retrouso na súa viaxe a Estremadura
2010
II Festival de Acordeón. IX Festival Retrouso, amenizado musicalmente polo cuarteto Os Cochenos e polo dúo folk Pumar e Prieto. Actuación na 29º edición do Festival de la Sierra de Badajoz e en Oporto. Excursión ao Ecoparque de Marín. Pasa a responsabilizarse da aula de baile o cangués Miguel Sotelo. Andrea Navarrete arranca como mestra de acordeón. VI Concerto de Nadal. Cantar das Navidades.

A Asociación cultural de Bueu Retrouso na Aña Urbana de Pontevedra
2011
2012
2013
2014
2014-2015
2015-2016
