Lupe Gómez forma parte desa nova xeración de poetisas galegas que destacan polo seu valente tratamento do sexo e do amor. De escrita concisa e contundente, Lupe Gómez destacou no mundo literario galego coa obra “Os teus dedos na miña braga con regra”, do 1999.

O corpo poético co que acaba de proclamarse vencedora do Johán Carballeira de poesía titúlase “O útero dos cabalos”. Neste poemario rompe coa brevidade dos seus textos anteriores e fai unha reflexión sobre a  parte feminina dos homes. (more…)

Read More »