grupo

Grupo de gaitas para vodas e eventos privados

Retrouso: grupo de gaitas para bodas con novios en Pontevedra en 2015

O grupo de gaitas Retrouso de Cela ten unha ampla experiencia participando en eventos especiais como vodas, aniversarios de voda, comuñóns, aniversarios e festas privadas, en xeral. Non en van, levan actuando en ocasións especiais coma esas desde o 2007.

Se o que buscas é un grupo de gaitas para vodas fiable, que non che falle chegado o día, de garantías, con Retrouso telo asegurado. Conta cun grupo de gaitas para vodas de arredor de 12 persoas, con 4 gaitas, 3 tamboriles, 2 bombos e 3 pandeiretas, e a media de asistencia recomendada a un evento coma este é de 10 músicos (4 gaitas, 2 tamboriles, 1 bombo e 3 pandeiretas). Aínda que se pode facer en formacións de distintos tamaños, isto deixa ás claras a flexibilidade garantida para se non 4, que sexan 2 gaitas (cuarteto tradicional ou quinteto), pero sempre cubrirán con total garantía a voda ou ocasión especial concertada.

Pola súa longa experiencia e gaiteiros de traxectoria, este grupo de gaitas para vodas ten preparado repertorios especiais para vodas, pois non é o mesmo tocar nun pasarrúas que nunha voda.  (more…)

Read More »

Recordos da nosa terra Agrupación Folclórica

Agrupación Folclórica Recordos da nosa terra de Bueu

A Agrupación Folclórica Recordos da nosa terra é un grupo de Bueu creado a finais de 2009 coa base de varios ex membros das escolas infantís de Retrouso e liderado pola antiga compoñente e profesora de iniciación de baile infantil de Retrouso Noelia Fariña.

Noelia Fariña actúa na Agrupación Folklórica Recordos da nosa terra de Bueu como profesora de baile e de canto e pandeireta, mentres que conta con Roberto Sotelo como profesor de gaita.

O grupo Recordos da nosa terra traballa nunha liña de baile coreográfico. Os ensaios de “Recordos da nosa terra” son no pavillón municipal de Bueu. (more…)

Read More »

Datos de contacto de Retrouso

Podes contactar á agrupación folclórica galega Retrouso a través do email info@retrouso.com ou no teléfono (+34) 647 607 467
Copyright © 2017 Retrouso de Cela