O grupo de gaitas Retrouso de Cela ten unha ampla experiencia participando en eventos especiais como vodas, aniversarios de voda, comuñóns, aniversarios e festas privadas, en xeral. Non en van, levan actuando en ocasións especiais coma esas desde o 2007.

Se o que buscas é un grupo de gaitas para vodas fiable, que non che falle chegado o día, de garantías, con Retrouso telo asegurado. Conta cun grupo de gaitas para vodas de arredor de 12 persoas, con 4 gaitas, 3 tamboriles, 2 bombos e 3 pandeiretas, e a media de asistencia recomendada a un evento coma este é de 10 músicos (4 gaitas, 2 tamboriles, 1 bombo e 3 pandeiretas). Aínda que se pode facer en formacións de distintos tamaños, isto deixa ás claras a flexibilidade garantida para se non 4, que sexan 2 gaitas (cuarteto tradicional ou quinteto), pero sempre cubrirán con total garantía a voda ou ocasión especial concertada.

Pola súa longa experiencia e gaiteiros de traxectoria, este grupo de gaitas para vodas ten preparado repertorios especiais para vodas, pois non é o mesmo tocar nun pasarrúas que nunha voda.  (more…)

Read More »