Socios Protectores de Retrouso

Share on FacebookTweet about this on TwitterPin on PinterestShare on Google+Share on LinkedIn

Retrouso conta cunha serie de negocios “amigos” que apoian as nosas escolas tradicionais, os nosos grupos, as nosas actividades, como socios protectores. Se queres ser un deles e aparecer nesta listaxe, e ter presenza destacada nos nosos eventos, non dubides en contactarnos.

Se tes que escoller onde mercar, onde consumir, estas son as nosas recomendacións:

Socios Protectores de Retrouso

Bares

bar muiño vello cela bueu logo

Muíño Vello

Un bar tradicional da parroquia de Cela, na estrada xeral que leva de Marín a Bueu, á altura de Castrelo, moi concurrido na sobremesa e con opción de menú do día e bo espazo para organizar ceas. Dos que mellor nos tratan sempre ao noso paso co Cantar das Navidades. Da mellor tortilla dos arredores!

Teléfono: 986 321 768

Enderezo: Castrelo, 50, Cela (Bueu)

Bocaterías

a toscana bocateria bueu logo

A Toscana

Tras unha época en Cela, con notable éxito, deron o salto a Bueu onde, a pesar de non estar no centro “tradicional”, logran estupendos resultados de clientela de forma habitual, tanto presencial como en pedidos para levar. Por algo será… Podes botarlle un ollo ás súas mellores obras no seu Facebook.

Teléfono: 986 324 548

Enderezo: Rúa Castelao, 9, Bueu

Cervexerías

Cervexería la perfecta bueu logo

La Perfecta

Formada por un equipo xa experimentado en proxectos culinarios exitosos en Bueu, La Perfecta nace no 2015 en pleno centro, na praza Massó, cunha aposta por cociña de autor e, por suposto, boas cervexas ;). Podes facerte unha idea de como traballan no seu Facebook. Se queres ir na fin de semana… mellor reserva!

Teléfono: 986 198 550

Enderezo: Rúa Ibis, local 4 (na praza Massó, ao lado do Concello)

Decoración

decoracion muselina bueu logo

Muselina

Tenda de decoración textil para o fogar: cortinas, estores, edredóns, coxíns, colchas e outros arranxos. Ubicado no centro da vila, na praza Massó.

Teléfono: 986 320 019

Enderezo: Rúa Ibis, bloque 3, Local 1, Bueu

Electricistas

carma instalacions electricas bueu logo

Carma

Os fundadores de Carma Instalacións Eléctricas lanzaron o proxecto en 2005 tras varios anos xa de experiencia no campo. Resolven todo tipo de montaxes e incidencias eléctrónicas e de telecomunicacións. Podes ver máis detalle na súa web.

Teléfono: 986 093 620

Enderezo: Rúa A Pedra, 5, Bueu (na estrada da escola A Pedra)

Librerías

Librería Papeleria Marpau Bueu Logo

Librería Marpau

De creación recente, amplas instalacións á beira da praza Massó, no centro da vila. Conta con espazo para libros e tamén servizo de papelería e agasallos.

Teléfono: 886 122 757

Enderezo: Rúa Alcalde Johán Carballeira, 3 Baixo 6

Librería Miranda Bueu Logo

Librería Miranda

Un dinamizador constante da cultura no Concello de Bueu, con continuas presentacións de libros. Miranda foi o primeiro dos nosos socios protectores; sempre está aí para botar un cabo cando fai falta. Podes seguir as súas andainas no Facebook ou na súa web.

Teléfono: 986 320 504

Enderezo: Rúa Pazos Fontenla, 35, Bueu (enfronte de Correos)

Moda

oleee tu bueu logo

Oleee tu

En Oleee tu atoparás unha tenda de roupa para muller próxima e de confianza, en pleno centro de Bueu. No seu Facebook podes atopar unha chea de modelos e propostas, pois son moi activos nesta rede social.

Teléfono: 633 047 020

Enderezo: Alfonso Castelao, 19, Bueu

Ópticas

optica bueu logo

Óptica Bueu / Eugenio Blanco Ópticos

Un dos negocios históricos de Bueu, que arrincou hai anos na rúa de Correos con “Óptica Bueu” e medrou máis tarde a un segundo local, Eugenio Blanco Ópticos, na rúa do Concello (Eduardo Vincenti, 6). Socios protectores de moitas entidades de Bueu, contan con moita variedade de gafas, tanto graduadas como de sol, e servizo de optometrista de garantías. Teñen un equipo estupendo e son moi activos no Facebook.

Teléfono: 986 322 067

Enderezo: Rúa Pazos Fontenla, 51, Bueu

Pastelerías

Nel Freire Pasteleria Bueu Logo

Nel Freire

Herdeiro das mellores esencias da histórica e ben coñecida Panadería Freire, en Cela, Nel Freire está máis centrado no apartado de pastelería, con doces, roscóns e tartas deliciosas.

Teléfono: 986 322 608

Enderezo: Rúa Santán, 9, Bueu

Se es un dos nosos socios protectores de Retrouso e queres que editemos algo da información do teu negocio, non dubides en nos avisar.

Share on FacebookTweet about this on TwitterPin on PinterestShare on Google+Share on LinkedIn

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Datos de contacto de Retrouso

Podes contactar á agrupación folclórica galega Retrouso a través do email info@retrouso.com ou no teléfono (+34) 647 607 467
Copyright © 2017 Retrouso de Cela