Share on FacebookTweet about this on TwitterPin on PinterestShare on Google+Share on LinkedIn

A Agrupación Folclórica Recordos da nosa terra é un grupo de Bueu creado a finais de 2009 coa base de varios ex membros das escolas infantís de Retrouso e liderado pola antiga compoñente e profesora de iniciación de baile infantil de Retrouso Noelia Fariña.

Noelia Fariña actúa na Agrupación Folklórica Recordos da nosa terra de Bueu como profesora de baile e de canto e pandeireta, mentres que conta con Roberto Sotelo como profesor de gaita.

O grupo Recordos da nosa terra traballa nunha liña de baile coreográfico. Os ensaios de “Recordos da nosa terra” son no pavillón municipal de Bueu.

Recordos da nosa terra ten actuado en distintos puntos de Bueu (festas de Cela, Magosto de Bueu), en Cangas do Morrazo (San Amaro, por exemplo), Pontevedra ou Santiago de Compostela, entre outros.

Sobre o nome de Recordos da nosa terra

O nome de “Recordos da nosa terra” lembra outros grupos de semellante espírito no Morrazo como “Raíces da nosa terra”, que ensaiou Leonor Rosales (mestra de baile fundadora de Retrouso de Cela) nos anos 90 en Moaña ou “Lembranzas da ría” de Cangas do Morrazo ou “Lembranzas galegas” de Vigo.

Share on FacebookTweet about this on TwitterPin on PinterestShare on Google+Share on LinkedIn