Share on FacebookTweet about this on TwitterPin on PinterestShare on Google+Share on LinkedIn

Lupe Gómez forma parte desa nova xeración de poetisas galegas que destacan polo seu valente tratamento do sexo e do amor. De escrita concisa e contundente, Lupe Gómez destacou no mundo literario galego coa obra “Os teus dedos na miña braga con regra”, do 1999.

O corpo poético co que acaba de proclamarse vencedora do Johán Carballeira de poesía titúlase “O útero dos cabalos”. Neste poemario rompe coa brevidade dos seus textos anteriores e fai unha reflexión sobre a  parte feminina dos homes.

Un poema de Lupe Gómez

Este é o seu poema “Independencia”, do libro “Pornografía”, de 1995.

Aplastarei a matriz que

me envolve para volver a

amar e sentir o meu útero

libre e aberto. Fareino con

amor, con poesía, con présa.

Share on FacebookTweet about this on TwitterPin on PinterestShare on Google+Share on LinkedIn