Share on FacebookTweet about this on TwitterPin on PinterestShare on Google+Share on LinkedIn

O grupo de gaitas Retrouso de Cela ten unha ampla experiencia participando en eventos especiais como vodas, aniversarios de voda, comuñóns, aniversarios e festas privadas, en xeral. Non en van, levan actuando en ocasións especiais coma esas desde o 2007.

Se o que buscas é un grupo de gaitas para vodas fiable, que non che falle chegado o día, de garantías, con Retrouso telo asegurado. Conta cun grupo de gaitas para vodas de arredor de 12 persoas, con 4 gaitas, 3 tamboriles, 2 bombos e 3 pandeiretas, e a media de asistencia recomendada a un evento coma este é de 10 músicos (4 gaitas, 2 tamboriles, 1 bombo e 3 pandeiretas). Aínda que se pode facer en formacións de distintos tamaños, isto deixa ás claras a flexibilidade garantida para se non 4, que sexan 2 gaitas (cuarteto tradicional ou quinteto), pero sempre cubrirán con total garantía a voda ou ocasión especial concertada.

Pola súa longa experiencia e gaiteiros de traxectoria, este grupo de gaitas para vodas ten preparado repertorios especiais para vodas, pois non é o mesmo tocar nun pasarrúas que nunha voda. 

Cómo se adapta o Grupo de gaitas para vodas

Nunha voda, hai distintos tipos de actuacións de gaita: hai que saber interpretar o momento no que se toca, buscar o repertorio axeitado e, no directo, saber ler a reacción da xente para conducir o mellor posible as pezas para unha adecuada execución. Hai quen quere que os gaiteiros reciban xa aos noivos á porta da igrexa ou lugar de celebración. Nese caso, o grupo de gaitas para vodas Retrouso adoita recomendar acudir cun grupo amplo (non en formación reducida de cuarteto ou quinteto) pois iso permite facer mentres tocan un corredor aos noivos na súa entrada que, ao iren vestidos co traxe de gala tradicional galego, queda moi estético e fotoxénico, ademais de envolver aos noivos na música.

Hai quen o plantexa como unha sorpresa para os noivos á saída da igrexa. Nese caso podería valer con formacións máis reducidas, como cuarteto tradicional, como grupo de gaitas para vodas, ou quinteto; aínda que se se vai cunha formación máis extensa sempre permite facer o corredor antes mencionado na saida dos noivos.

Tamén hai quen leva o grupo de gaitas para o cocktail, para ese momento mentres os noivos están sacando as fotos. Un grupo de gaitas para vodas debe ser consciente nese tempo do seu papel de “segundo plano”, e saber aproveitar o momento da chegada dos noivos para facerlles unha fermosa entrada musical e, se é o caso, acompañar aos noivos e convidados ao salón onde coman.

E por último, pódese pensar en que os gaiteiros cheguen para a sobremesa. Isto é menos habitual, pois para estes casos adóitase contar xa con música máis “de discoteca”, pero se é o caso de vodas que gusten da música tradicional, temos repertorio preparado para facer que os noivos boten o seu valse, os padriños o seu pasodobre e facer bailar os convidados.

Se a actuación se prepara con tempo, poderíase chegar a preparar algunha peza especial que soliciten os noivos, sempre que entre dentro do corpus de repertorio de gaita. É dicir… que preparemos unha de Boney M… non, pero si unha muiñeira concreta ou unha Alborada que lle guste ao pai da noiva ;). Tamén se poderían plantexar pezas que combinen gaita con acordeón ou algunha peza do repertorio de Elelelos, o disco de música tradicional de Bueu editado por Retrouso.

Qué aporta o grupo de gaitas Retrouso á túa voda ou evento especial?

  • Experiencia: 10 anos actuando como grupo de gaitas para vodas en Galicia
  • Fiabilidade: ao ser un grupo de gaitas para vodas amplo terás a certeza de que non vas quedar colgado. Chegáronnos casos de vodas para a que contrataban un cuarteto 5 meses antes e chegado o día ou 2 semanas antes dicirlle que xa non tocaban xuntos, que un traballaba… Un grupo amplo, aínda que despois se prefira que vaian en formación de cuarteto, garante que poidan acudir sen sorpresas desagradables.
  • Personalización: adaptámonos á túa idea de evento e buscamos contigo a mellor solución para que o resultado sexa inesquecible.

Vídeos do grupo de gaiteiros galegos de Retrouso

Neste vídeo pódese ver a Alborada de Inzenga, gravada polo grupo de gaitas para vodas en xullo de 2015 no Festival Retrouso, unha peza elegante das que adoitamos reservar para momentos especiais nos concertos en vodas:

No seguinte, un exemplo de repertorio máis tradicional e festeiro, cun pasodobre e muiñeira “Baixando para A Salgueira”:

Algunhas vodas nas que temos tocado a gaita galega

  • Vodas na igrexa de Cela (Bueu)
  • Vodas no Restaurante Loureiro (Bueu, O Morrazo)
  • Voda no Pazo de Santa Cruz (Bueu, Galicia, 2016)
  • Voda de ouro no Restaurante Pescador (Bueu, Pontevedra)
  • Voda na igrexa de Santomé (Marín, Pontevedra)
  • Voda no Mesón do Arrieiro, en Marín (Galicia)
  • Voda de prata en restaurante de Moaña (O Morrazo)
  • Voda na igrexa de Cangas do Morrazo
  • Vodas no Restaurante Rocamar (Baiona, 2016)
  • Voda na igrexa de Poio
  • Vodas en adegas de Cambados, por exemplo, na Agro de Bazán (2016)
  • Voda en Casa Rosita, en Cambados (2015)
  • No Hotel Hesperia Finisterre (A Coruña, 2015)
  • No Castelo de Soutomaior (2016)
  • No Concello da Cañiza (Pontevedra, 2016)
  • No Pazo de Señoráns (Meis, 2016)
  • No Pazo San Tirso (Abegondo, A Coruña, 2016)
  • Na Casa Rural Videira de Bueu (2016)
  • No Pazo de Cores (A Baña, A Coruña, 2016)

Contacta co grupo de gaitas para vodas Retrouso

Sen compromiso, no 647 607 467 ou en info@retrouso.com

Grupos folclóricos para vodas ou eventos privados

Ao estar o grupo de gaitas Retrouso de Cela (Bueu, O Morrazo, Pontevedra) integrado nunha agrupación folclórica máis grande, isto ten facilitado que actuasemos en vodas e festas privadas con outros formatos, ben con gaita e pandeireteiras, só pandeireteiras, co grupo de baile tradicional, indo en formación reducida para bailar o baile da regueifa…

A continuación, algúns exemplos:

Cantar de voda interpretado por pandeireteiras de Retrouso e zanfona en Bueu:

As pandeireteiras do Bando Rabudo de Retrouso, acompañadas por gaita galega, fan bailar aos noivos no Pazo de Santa Cruz, en Bueu:

Con pandeireta e unha parella de baile, interpretan á porta da igrexa de Bueu o tradicional baile da regueifa, onde a muller baila cunha bola de pan na cabeza que, como símbolo de boa fortuna para os acabados de casar, ao rematar se reparte entre os convidados:

Share on FacebookTweet about this on TwitterPin on PinterestShare on Google+Share on LinkedIn