Comprar Elelelos online

Coñece todos os detalles do proxecto discográfico de Retrouso "Elelelos: Músicas de tradición oral no Concello de Bueu". Conoce todos los detalles del proyecto discográfico de Retrouso "Elelelos: Músicas de tradición oral en el Concello de Bueu".

 

O proxecto Elelelos: Músicas de tradición oral no Concello de Bueu contén dous discos. O primeiro é unha escolma das recollidas de campo que os membros de Retrouso de Cela levan facendo a xente maior durante os últimos 15 anos en todos os recunchos de Bueu. Inclúe música de gaita, filharmónica, pandeireta e sobre todo moita música vocal. Cantares do ciclo da vida (arrolos, xogos) e do ano (reis, panxoliñas, cantares do entroido); un enorme repertorio de cantares e tocatas para o baile... Unha compilación que chega aos 47 cortes e que pretende achegar ao público en xeral e aos estudosos en particular a achegarse ás músicas de raíz deste pequeno pero interesante concello morracense.

O segundo disco é un tributo de Retrouso tanto ás músicas do concello de Bueu coma aos seus portadores, os informantes. Nel hai 14 pezas tradicionais reinterpretadas por músicos da agrupación de Cela, e conta tamén coa participación especial de María do Caño, grande cantadeira da Illa de Ons que interpreta un antigo romance acompañada da zanfona de Guillerme Ignacio.

Recadación para Elelelos vía crowdfunding

O proxecto Elelelos deuse a coñecer a finais do 2013, ao lograr financiarse mediante un innovador sistema de micromecenado (crowdfunding) a través de Internet. Cun obxectivo de financiamento de 3.600€, logrou reunir finalmente case 4.000 euros, de algo máis de 200 mecenas, na súa inmensa maioría a través da plataforma Verkami. Os mecenas axudaban a garantir a realización da iniciativa a cambio de recompensas previstas como un adianto en mp3 dalgunhas cancións, unha camisola de Elelelos deseñada por Luís Davila ou unha copia do traballo, cando estivese listo.

Comprar Elelelos online

Agora podedes facerte co proxecto Elelelos directamente a través desta web por 12€+2€ de gastos de envío. Tamén cunha das camisolas de deseño exclusivo de Luís Davila por 8€+2€ de gastos de envío. Ou co pack CD+camiseta por 18€+2€ de gastos de envío.

Showing all 3 results