Escolas Tradicionais

Share on FacebookTweet about this on TwitterPin on PinterestShare on Google+Share on LinkedIn

Profesorado de alto nivel e grupos reducidos para clases de baile, canto e pandeireta, gaita e percusión.

As Escolas Tradicionais de Retrouso levan funcionando ininterrompidamente desde hai máis de 20 anos, desde 1996.

As clases son no Complexo Sociocultural de Cela (Bueu), nas xeitosas instalacións repartidas entre o salón de actos do centro sociocultural, a Escola Vella do Torrecino e o pequeno local anexo, a Casa do Mestre do Torrecino. Todas no Igrexario, na contorna da igrexa de Cela, con bo acceso tanto desde Bueu e Cangas, como desde Marín e Moaña.

En canto aos prezos, por norma xeral, as clases de canto e pandeireta, baile, gaita e percusión valen 12€/mes para os nenos e 15€/mes para os adultos. Máis abaixo detállanse posibles descontos por varias actividades ou por varios membros da familia.

Horarios das Escolas tradicionais Retrouso 2017/2018

[Actualizado a 6 de novembro de 2017]
Escola Profesor/a Horario
Baile iniciación infantil Débora Pena Luns, 16:00h
Baile perfeccionamento infantil Débora Pena Luns, 17:00h
Baile iniciación adultos Miguel Sotelo Venres, 20:00h
Baile perfeccionamento adultos Miguel Sotelo Xoves, 16.30h
Gaita infantil Pablo Fdez Rial Xoves, 16:00h
Gaita adultos Pablo Fdez Rial Sábado, 11:00h
Percusión Xulia Feixóo Sábado, 11:00h
Canto e pandeireta perfeccionamento infantil Miguel Sotelo Luns, 16:00h
Canto e pandeireta iniciación infantil Miguel Sotelo Luns, 17:00h
Canto e pandeireta iniciación adultos 1 Andrea Cabanelas Martes, 20:15h
Canto e pandeireta iniciación adultos 2 Andrea Cabanelas Martes, 21:15h
Canto e pandeireta perfeccionamento xuvenil Andrea Cabanelas Xoves, 20:00h
Canto e pandeireta perfeccionamento adultas Andrea Cabanelas Xoves, 21:00h

Profesorado das Escolas tradicionais Retrouso

Clases de Baile tradicional no Morrazo

Desde o 2010, Miguel Sotelo leva as rendas das aulas de perfeccionamento de baile tradicional. Sotelo é de Cangas, de Darbo, con experiencia na dirección de varios grupos como Trébede ou a participación en proxectos como GS21 ou Quique Peón Cía. Na actualidade da clase en dous horarios: ao grupo, perfeccionamento, os xoves de 16:30h a 18h e outra aula de iniciación para adultos, os venres de 20h a 21h.

Dos máis pequenos encárgase Débora Pena, profesora da canteira de Retrouso, bailadora desde hai máis de 20 anos e mestra de iniciación de baile tradicional galego en Retrouso desde hai máis de 10 anos. As súas clases realízanse os luns a partir das 16:00h en dúas quendas para os que arrancan e despois ás 17.15h os que xa están en fase de perfeccionamento.

Aulas de gaita galega no Morrazo

O profesor de gaita é Pablo Fernández Rial, fundador e gaiteiro de Ludovaina. De Aldán, curtido nos Carnavais do Hío, é festeiro, próximo, ademais de ter unha técnica e un gusto musical fóra do común.

As clases de de gaita para adultos son os sábados desde as 11.00h ata as 13.00h, no salón de actos do Centro Sociocultural de Cela (Bueu).

Se o que buscas é iniciar un neno no mundo da gaita, as aulas infantís son os xoves ás 16h.

Clases de percusión tradicional no Morrazo

A responsable das clases de percusión é Xulia Feixóo, titulada en Percusión, primeira titulada en Galicia en Etnomusicoloxía, foi durante varios anos directora do corpo de percusión da Banda de Gaitas Xarabal de Vigo. Nestes momentos brilla nos concursos como tamborileira do laureado cuarteto de gaitas Virutas de Ébano e como percusionista da Orquestra Folk Sondeseu, ademais de estar na banda do arpista Rodrigo Romaní.

As clases de tamboril e bombo son os sábados de 11h en diante, cunha primeira parte técnica e unha segunda máis práctica tocando co grupo de gaitas.

Aulas de canto tradicional e pandeireta no Morrazo

Andrea Cabanelas é a directora das aulas de canto tradicional e pandeireta en Retrouso. A pesar da súa xuventude, acumula 20 anos de experiencia no mundo co canto, tendo pasado polas mans de mestres de refeencia como Xisco Feijóo (O Fiadeiro), Tamara Costas (Tarambainas, O Fiadeiro) ou María Vidal (Trébede). Titulada en Maxisterio, conta con boa experiencia dando clase tanto en Marín como en Moaña.

As clases de iniciación adultas son os martes de 20.15 a 22.15h en dous niveis (dúas aulas). As de perfeccionamento, os xoves, primeiro as adolescentes, ás 20h, e despois o grupo oficial de pandeireteiras Retrouso, ás 21h.

Das clases de iniciación infantil encárgase Miguel Sotelo, contrastado mestre de cultura tradicional, os luns, en dous grupos desde as 16.15h, os máis maiores, e desde as 17.15h os máis novos, unhorario axustado así pola confluencia habitual entre alumnado que vai a baile e pandeireta e xunta así as dúas clases de forma consecutiva.

Preguntas máis frecuentes

Qué prezo teñen as clases?

Por norma xeral, as clases de canto e pandeireta, baile, gaita e percusión valen 12€/mes para os nenos e 15€/mes para os adultos.

Despois, a Asociación Cultural Retrouso aplica algúns descontos e vantaxes por número de actividades: págase o 50% a partir da terceira actividade; e por familia: págase o 50% a partir da cuarta actividade dentro do mesmo núcleo familiar.

A partir de qué idade poden asistir os nenos?

As actividades ideais para a introdución musical dos nenos son o baile e canto e pandeireta. En calquera das dúas, pódese asistir desde os 3 anos (4º curso de Educación Infantil). Para algúns nenos iso pode resultar algo cedo e pode ser recomendable agardar un aniño máis, pero pódese probar unhas clases para ver cómo reacciona.

Para iniciarse en gaita, a idade mínima que recomendamos son os 5 anos (6º de Educación Infantil), para que teña xa a posibilidade de coller polo menos a frauta e ir traballando algo de melodía.

No caso de percusión, a idade mínima ideal para comezar son os 7 anos (2º curso de Educación Primaria). Antes, non teñen nin “o tamaño” nin coordinación suficiente para afrontar a aprendizaxe do instrumento, por iso en nenos máis interesados en tocar o tamboril, o ideal é que antes se metan en baile ou canto e pandeireta, ou gaita de xeito que vaian adquirindo nocións de coordinación e ritmo. E o mesmo, pode haber nenos de 7 anos aos que lles resulte demasiado cedo e o mellor sexa que agarden aos 8 anos; pero para iso recomendamos que proben uns ensaios e o profesor xa comentará se o ve preparado ou non para continuar.

En caso de ter nenos menores de 3 anos, pero ter ganas de que se introduzan no ámbito da música tradicional, a nosa recomendación é que sexan os pais (nai, pai ou ambos) quen se metan nalgunha actividade, de xeito que o neno o viva na casa e vaia trasteando e escoitando cancións e ritmos a través dos pais.

Share on FacebookTweet about this on TwitterPin on PinterestShare on Google+Share on LinkedIn

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Datos de contacto de Retrouso

Podes contactar á agrupación folclórica galega Retrouso a través do email info@retrouso.com ou no teléfono (+34) 647 607 467
Copyright © 2017 Retrouso de Cela