Quen somos

Asociación cultural de referencia no Morrazo, activa desde o 1996, orientada ás escolas tradicionais de calidade e a grupos con espectáculos fieis á tradición.

Outras actividades

Festival Retrouso, Festival das Escolas, Foliada da Chuva, Concerto de Panxoliñas, Bando das Navidades de Cela. Bota un ollo á axenda anual de Retrouso.

Contacto

Escríbenos sen compromiso para consultar calquera dúbida sobre as escolas Retrouso, para posibles actuacións… ou o que precises! Podes cubrir o formulario de Contacto con …

Grupo de gaitas para vodas e eventos privados

Retrouso: grupo de gaitas para bodas con novios en Pontevedra en 2015
Share on FacebookTweet about this on TwitterPin on PinterestShare on Google+Share on LinkedIn

O grupo de gaitas Retrouso de Cela ten unha ampla experiencia participando en eventos especiais como vodas, aniversarios de voda, comuñóns, aniversarios e festas privadas, en xeral. Non en van, levan actuando en ocasións especiais coma esas desde o 2007.

Se o que buscas é un grupo de gaitas para vodas fiable, que non che falle chegado o día, de garantías, con Retrouso telo asegurado. Conta cun grupo de gaitas para vodas de arredor de 15 persoas, con 6 gaitas, 3 tamboriles, 2 bombos e 4 pandeiretas, e a media de asistencia recomendada a un evento coma este é de 10 músicos (4 gaitas, 2 tamboriles, 1 bombo e 3 pandeiretas). Aínda que se pode facer en formacións de distintos tamaños, isto deixa ás claras a flexibilidade garantida para se non son 6, que sexa 4 ou 2 gaitas (cuarteto tradicional ou quinteto), pero sempre cubrirán con total garantía a voda ou ocasión especial concertada.

Pola súa longa experiencia e gaiteiros de traxectoria, este grupo de gaitas para vodas ten preparado repertorios especiais para vodas, pois non é o mesmo tocar nun pasarrúas que nunha voda.  (more…)

Share on FacebookTweet about this on TwitterPin on PinterestShare on Google+Share on LinkedIn
Read More »

Recordos da nosa terra Agrupación Folclórica

Agrupación Folclórica Recordos da nosa terra de Bueu
Share on FacebookTweet about this on TwitterPin on PinterestShare on Google+Share on LinkedIn

A Agrupación Folclórica Recordos da nosa terra é un grupo de Bueu creado a finais de 2009 coa base de varios ex membros das escolas infantís de Retrouso e liderado pola antiga compoñente e profesora de iniciación de baile infantil de Retrouso Noelia Fariña.

Noelia Fariña actúa na Agrupación Folklórica Recordos da nosa terra de Bueu como profesora de baile e de canto e pandeireta, mentres que conta con Roberto Sotelo como profesor de gaita.

O grupo Recordos da nosa terra traballa nunha liña de baile coreográfico. Os ensaios de “Recordos da nosa terra” son no pavillón municipal de Bueu. (more…)

Share on FacebookTweet about this on TwitterPin on PinterestShare on Google+Share on LinkedIn
Read More »

O renacer da zanfona en Galicia

Share on FacebookTweet about this on TwitterPin on PinterestShare on Google+Share on LinkedIn

A zanfona en Galicia pasou en quince anos da práctica desaparición a contar cun saudable número de intérpretes e artesáns, ata o punto de que as preocupacións dos expertos céntranse hoxe no impacto que pode ter a entrada dun segundo modelo de zanfona, o francés, diferente do tradicionalmente usado en Galicia

Traballo realizado por Rubén Bastón, Bibiana Cabo, Paula Rico e Mari Vega, en abril do 2005

(more…)

Share on FacebookTweet about this on TwitterPin on PinterestShare on Google+Share on LinkedIn
Read More »

Lupe Gómez gaña a Premio Johán Carballeira de poesía

Share on FacebookTweet about this on TwitterPin on PinterestShare on Google+Share on LinkedIn

Lupe Gómez forma parte desa nova xeración de poetisas galegas que destacan polo seu valente tratamento do sexo e do amor. De escrita concisa e contundente, Lupe Gómez destacou no mundo literario galego coa obra “Os teus dedos na miña braga con regra”, do 1999.

O corpo poético co que acaba de proclamarse vencedora do Johán Carballeira de poesía titúlase “O útero dos cabalos”. Neste poemario rompe coa brevidade dos seus textos anteriores e fai unha reflexión sobre a  parte feminina dos homes. (more…)

Share on FacebookTweet about this on TwitterPin on PinterestShare on Google+Share on LinkedIn
Read More »

Datos de contacto de Retrouso

Podes contactar á agrupación folclórica galega Retrouso a través do email info@retrouso.com ou no teléfono (+34) 647 607 467
Copyright © 2016 Retrouso de Cela